A túa inspección periódica
Temos que asegurar que a túa instalación de gas funciona ben (*)
• Segundo dita o Real decreto 984/2015, debes realizar a inspección periódica da túa instalación receptora individual cada 5 anos como prazo máximo. Podes realizala con Gas Natural Redes GLP ou ben cunha empresa instaladora de gas autorizada.
• Dende Gas Natural Redes GLP, o teu distribuidor, avisarémoste tres meses antes, mediante unha carta, da necesidade de realizar a inspección, onde che notificaremos a semana na que pasaremos a realizala. Ademais, unha semana antes da inspección, avisarémoste mediante cartel/carta do día exacto e da franxa horaria na que pasaremos polo teu domicilio.
• Se decides realizar a inspección cunha empresa instaladora, dispoñerás do prazo indicado, na carta que che enviamos, para poñerte en contacto cunha empresa instaladora. Eles mesmos encargaranse de informarnos, cando xa se realice a inspección, do seu resultado e enviarannos o Certificado de Inspección Periódica a través do noso web.
• Podes consultar a listaxe de instaladores no web do Ministerio: i.gnredesglp.es/instaladoresgas
• Segundo establece a lei, se non temos o devandito certificado antes de que transcorra o prazo indicado na carta, Gas Natural Redes GLP realizará a inspección da túa instalación no prazo comunicado ao seu inicio.
• En ambos os dous casos, a inspección ten un custo, que será incluído na factura de gas. Recorda que non deberás pagar en efectivo a inspección durante a visita no teu domicilio.
Consulta aquí o RD 984/2015 (páxinas: 103546-103548; 103551; 103563 -103567) polo que se regula o mercado organizado de gas.
(*)Durante os traballos de inspección realizaranse probas de combustión dos aparatos de produción de auga quente sanitaria, polo que é necesario que estes funcionen á máxima potencia e haberá certo consumo de auga que poderías aproveitar para outros usos.